Poñemos os garavanzos en remollo o día anterior e logo cocémolos en auga con sal e unha folla de loureiro ata que estean tenros. Escorremos e deixamos arrefriar.
Picamos moi fino a cebola, os pementos, o allo, o perexil e a menta. Engadimos sal e pementa ao gusto.
Mesturamos estas hortalizas picadas cunha parte de vinagre por tres de aceite.
Incorporamos os garavanzos cocidos e mesturamos ben para que collan todo o sabor.
Reservamos na neveira durante unha hora antes de servir.
Xusto antes de servir, engadimos o ovo cocido picado e un chorriño de zume de limón para potenciar o sabor.