Sistema Interno de Información
O Sistema Interno de Información é o medio establecido para informar sobre as accións ou omisións previstas no artigo 2 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, no ámbito da FDA.
O Sistema interno aplicarase aos informantes que obteñan información sobre infraccións nun contexto laboral ou profesional, comprendendo en todo caso as persoas que teñan a condición de empregados públicos e as persoas pertencentes ao órgano de administración, dirección ou supervisión de fundacións ou empresas de titularidade da USC e calquera persoa que traballe para ou baixo a supervisión e a dirección de contratistas, subcontratistas e provedores.
Tamén se aplicará aos informantes que comuniquen ou revelen información sobre infraccións obtida no marco dunha relación laboral ou estatutaria xa finalizada, voluntarios, bolseiros, persoas traballadoras en períodos de formación con independencia de que perciban ou non unha remuneración, así como a aquelas cuxa relación laboral aínda non comezase, nos casos en que a información sobre infraccións sexa obtida durante o proceso de selección.
Sistema Interno de Información recollerá as denuncias que se presenten por parte dos membros da comunidade universitaria ou de terceiros relativas a:
a) Accións ou omisións que poidan constituír infraccións do Dereito da Unión Europea nos termos establecidos na Lei 2/2023, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción e na Directiva (UE) 2019/1937, relativas a:
b) Accións ou omisións que poidan ser constitutivas de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave. En todo caso, entenderanse comprendidas todas aquelas infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves que impliquen quebranto económico para a USC.
O sistema interno non será de aplicación:
a) Ás obrigacións que resultan da protección do segredo profesional dos profesionais da medicina e da avogacía e do deber de confidencialidade do persoal da FDA, nin nos supostos de tramitación de informacións reservadas.
b) Ás informacións relativas a infraccións na tramitación de procedementos de contratación que conteñan información clasificada ou que sexan declarados segredos ou reservados, nin a aqueles cuxa execución deba ir acompañada de medidas de seguridade especiais conforme á lexislación vixente.
Para poder admitir a información, esta deberá estar comprendida dentro do ámbito de aplicación do Regulamento. No caso de admisión a trámite enviarase ao informante un acuse de recibo dentro dos sete días hábiles, agás que poña en perigo a confidencialidade da comunicación.
Poderá non admitirse a trámite a información, nun prazo non superior a dez días hábiles:
a) Cando os feitos relatados carezan de toda verosimilitude.
b) Cando os feitos relatados non sexan constitutivos de infracción do ordenamento xurídico incluída no ámbito de aplicación do Regulamento.
c) Cando a comunicación careza manifestamente de fundamento ou existan indicios racionais de tela obtido mediante a comisión dun delito. Neste último caso, ademais da non admisión, remitirase ao Ministerio Fiscal relación circunstanciada dos feitos que se estimen constitutivos de delito.
d) Cando a comunicación non conteña información nova e significativa sobre infraccións en comparación cunha comunicación anterior respecto da cal concluíron os correspondentes procedementos.
Hai dúas canles para informar de accións ou omisións que sexan constitutivas de infraccións do Dereito da Unión:
a) Canle escrita
b) Canle verbal
Presentada a información, procederase ao seu rexistro no sistema de xestión da información, séndolle asignado un código de identificación. Este sistema estará contido nunha base de datos segura e de acceso restrinxido, na que constarán os seguintes datos:
a) Data de recepción
b) Código de identificación
c) Actuacións desenvolvidas
d) Medidas adoptadas
e) Data de peche
Recibida a información, nun prazo non superior a sete días hábiles desde a súa recepción acusarase recibo dela, a menos que o informante expresamente renuncie a recibir comunicacións relativas á investigación ou que a denuncia sexa anónima. A instrución comprenderá todas aquelas actuacións encamiñadas a comprobar a verosimilitude dos feitos relatados.
Concluídas todas as actuacións, o responsable do sistema, co apoio que precise, emitirá un informe que conterá polo menos:
a) Unha exposición dos feitos comunicados.
b) As actuacións realizadas co fin de comprobar a verosimilitude dos feitos.
c) As conclusións alcanzadas na instrución e a valoración das dilixencias e dos indicios que as sustentan.
Emitido o informe, adoptarase algunha das seguintes decisións:
a) Arquivo do expediente, que será notificado ao informante e, de ser o caso, á persoa afectada.
b) Remisión ao Ministerio Fiscal no caso de que os feitos puidesen revestir o carácter delitivo.
c) Adopción de acordo de inicio dun procedemento sancionador. Estas decisións poderán ir acompañadas da adopción das medidas correctoras que puideran corresponder.
Regulamento polo que se establece o Sistema Interno de Información:
http://hdl.handle.net/10347/30661
Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción:
Disposición 4513 del BOE núm. 44 de 2023
Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2019, relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do Dereito da Unión.
https://www.boe.es/doue/2019/305/L00017-00056.pdf