Conversa co Catedrático de Cardioloxía José Ramón González Juanatey
Esta conversa co Catedrático de Cardioloxía José Ramón González Juanatey déixanos unha mensaxe principal: as enfermidades cardiovasculares dependen criticamente do nivel socioeconómico e educativo da poboación, ou dito doutro xeito, a pobreza mata. A boa nova, sen embargo, é que o 80% destas se poden previr. Neste contexto, os estilos de vida saudables, coa Dieta Atlántica como actor principal, gañan relevancia como estratexia de prevención. Por esta razón, o Dr. Juanatey resalta a importancia de educar aos nenos en saúde, xa que son o maior motor de cambio do seu entorno.
Esta conversa tivo lugar no marco do proxecto POCTEP New Heart, e foi financiada pola Fundación Dieta Atlántica e polo Fondo Europeo Rexional – FEDER a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.