I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible na Dieta Atlántica

COMPARTIR EN TWITTER COMPARTIR EN FACEBOOK

  • O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que inaugurou o encontro, salienta que na actualidade a comunidade galega é a décima potencia exportadora mundial de produtos pesqueiros e que supera a cifra dos 2.000 millóns de euros de exportacións neste eido
  • Afirma que a Xunta seguirá comprometida coa concienciación e a difusión, a través das distintas campañas que desenvolve para impulsar o consumo de produtos do mar entre a poboación infantil e xuvenil
  • Lembra que nesta etapa difícil da covid-19 o sector do mar soubo responder e adaptarse á nova situación aprendendo a xerar ciclos curtos de produción e comercialización ou impulsando a venda dixital

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse aos produtos do mar galegos como sinónimo da Galicia calidade, protagonistas da dieta atlántica e claves para manter unha alimentación equilibrada e saudable.

Durante a inauguración do I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible na Dieta Atlántica-Dietatlántica, Feijóo salientou que na actualidade Galicia é a décima potencia exportadora mundial de produtos pesqueiros, por diante de países coma Xapón, superando a cifra dos 2.000 millóns de euros de exportacións.

 

Así mesmo, resaltou que as lonxas galegas rexistran a descarga de máis de 150.000 toneladas anuais de peixes, mariscos e algas e que Galicia produce máis de 250.000 toneladas de mexillón e outras especies de acuicultura. Ademais, dispón dun sistema de trazabilidade que xera anualmente máis de catro millóns de notas de venda diferenciadas nas lonxas.

 

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta puxo en valor o desenvolvemento de foros coma este, fundamentais -aseverou- para saber máis sobre o valor nutricional e fomentar o estudo, a investigación e a difusión da dieta atlántica para a saúde e o benestar da poboación. Unha vocación de concienciación e difusión coa que tamén está comprometida a Administración autonómica, a través das distintas campañas que desenvolve para impulsar o consumo de produtos do mar entre a poboación infantil e xuvenil.

“E queremos seguir avanzando nesta liña para continuar estimulando tamén o consumo dos produtos do mar entre os adultos”, dixo, recordando que Galicia está un 22% por riba do consumo per cápita nacional.

O presidente do Goberno galego concluíu lembrando que nesta etapa difícil da covid-19 o sector do mar soubo responder e adaptarse á nova situación, aprendendo a desenvolver ciclos curtos de produción e comercialización, movidos por unha cadea comercial de proximidade; ou impulsando a venda dixital.

“Grazas a estas iniciativas púidose dar cumprida resposta a unha sociedade que demandou máis produto do mar durante a pandemia”, dixo, precisando que en 2020 os fogares españois compraron un 10,5% máis de produtos do mar e gastaron un 13,8% máis que en 2019.

 





FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACIÓN DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACIÓN DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACIÓN DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACIÓN DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA