Presentación do libro “Bases científicas de la Dieta Atlántica” na USC

COMPARTIR EN TWITTER COMPARTIR EN FACEBOOK

  • A Fundación Dieta Atlántica da USC publica un volume no que se recollen os alicerces conceptuais e científicos deste modelo de alimentación saudable e sustentable, que posúe unha das pegadas de carbono máis baixas de Europa
  • O libro consta de 18 capítulos, desenvolvidos en 270 páxinas, elaborados por autores internacionais que analizan a historia e características da Dieta Atlántica e conta coa colaboración e asesoramento científico da Sociedade Española de Obesidade e a colaboración da empresa de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski

A Dieta Atlántica comprende un conxunto de hábitos alimentarios e estilo de vida que une os territorios de Galicia e o Norte de Portugal e cuxas claves se basean no abundante consumo de peixes, lácteos e produtos de frescos, técnicas culinarias sinxelas e a mellor forma de conxuntar unha comida pracenteira en compañía de familia e amigos. Así se recolle no libro Basees Científicas da Dieta Atlántica, promovido e dirixido pola Fundación Dieta Atlántica da USC, coa colaboración de Vegalsa-Eroski e Sociedade Española de Obesidade (SEO-SEEDO).

A obra foi presentada hoxe polo padroado da Fundación Dieta Atlántica, coa presenza do reitor da USC, Antonio López, e recolle nas súas 270 páxinas os alicerces conceptuais e científicos da Dieta Atlántica a través de 18 capítulos elaborados por autores internacionais.

Ademais de establecer as bases deste modelo alimentario, o libro define o concepto “Dieta Atlántica” non só para a comunidade científica senón tamén para nutricionistas, produtores e distribución. “Posiblemente a Dieta Atlántica se poida aplicar a outras rexións de España, Portugal e Europa, como un modelo de alimentación saudable e tamén sustentable desde o punto de vista ambiental, xa que posúe unha das pegadas de carbono máis baixas de Europa”, explicou  Felipe F. Casanueva, vicepresidente da Fundación Dieta Atlántica, tamén presente no acto. . Na presentación participou, así mesmo, o secretario xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o vicepresidente da Sociedad Española de Obesidad (SEO-SEEDO), Diego Bellido e  a directora RSE, Comunicación e Área Cliente de Vegalsa-Eroski, Gabriela González.
 
Familia e vida saudable, eixes do estilo Atlántico
O libro articúlase en 18 capítulos, asinados cada un por un ou varios expertos, que aborda distintos aspectos da Dieta Atlántica. Así, analízanse temas tan diversos como a promoción deste tipo de alimentación nunha comunidade mediante a intervención das familias, a actividade física como compoñente esencial ou o papel da dieta atlántica na prevención da obesidade.
 
Así mesmo, no libro abórdanse tamén as características da dieta da poboación galega, concluíndo que manifesta aspectos positivos como o alto consumo de vexetais, hortalizas e legumes, aínda que se advirte de que este consumo tende a descender entre os máis novos.
Outro aspecto relevante que se inclúe nos estudos recollidos no libro Bases Científicas da Dieta Atlántica son os beneficios que deste modelo de alimentación para a saúde. Concretamente incídese no feito de que o consumo dalgúns destes alimentos contribúe á prevención do cancro e o envellecemento, factor este último que explicaría que Galicia conte cunha das poboacións máis lonxevas do mundo. Nesta liña, a doutora Ana Belén Crujeiras cualifica a Dieta Atlántica como unha posible “dieta epixenética”, cuxos compostos poden inducir efectos beneficiosos para a saúde por medio de mecanismos que regulan o funcionamento dos xenes e que poden actuar na prevención de enfermidades.
 
Como ‘medir’ a Dieta Atlántica
No volume inclúese ademais un capítulo chamado “cara a un score da Dieta Atlántica”, elaborado por un extenso grupo de traballo que colabora coa Fundación Dieta Atlántica e coordinado por Felipe F. Casanueva, no que se establece un índice de Dieta Atlántica que sexa operativo e se poida usar de forma habitual.
Os traballos de redacción e edición do libro Bases Científicas da Dieta Atlántica foron coordinados por Felipe F. Casanueva, que contou co asesoramento dun comité científico integrado pola xefa do grupo de epixenómica e nutrición do IDIS-CHUS, Ana Belén Crujeiras; o vicepresidente da SEEDO-SEO, Diego Bellido; a profesora do Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Manuela Vaz-Velho e a pediatra Rosaura Leis, integrante do padroado da Fundación Dieta Atlántica e coordinadora da unidade de gastroenteroloxía, hepatoloxía e nutrición pediátrica do IDIS-CHUS.

FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACIÓN DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACIÓN DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACIÓN DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACIÓN DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
FUNDACION DIETA ATLÁNTICA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA