A Fundación Dieta Atlántica, parte activa da campaña de INLAC 'Di que sí a polo menos tres lácteos ao día'
INLAC, a interprofesional que engloba a todo o sector lácteo español, e a Comisión Europea uniron os seus esforzos cunha campaña que aposta por mellorar a percepción que os consumidores teñen do leite e os produtos lácteos, apoiándose en mensaxes científicamente avaladas e explicando que hai un lácteo adecuado para cada idade e cada persoa.
Ao longo dos próximos dous anos, mediante este programa, poñeranse en marcha unha serie de actuacións que perseguen alcanzar o obxectivo principal da campaña, "Di que sí a polo menos 3 lácteos ao día", dentro dunha vida activa e dunha dieta sana e equilibrada.
A vicepresidenta da Fundación Dieta Atlántica, no Comité científico
Unha das vías coas que este programa busca a recuperación dun consumo adecuado de leite e produtos lácteos é mediante o traslado aos consumidores de información contrastada sobre as súas propiedades, sempre dentro de uns hábitos de vida saudables e acompañados dun incremento do exercicio físico. Para iso, formouse un comité científico específico, integrado por expertos das disciplinas nas que o leite e os produtos lácteos teñen moito que achegar.
Este programa nace para servir de punto de encontro informativo entre o leite e os produtos lácteos e os consumidores. O traballo e a experiencia deste Comité Científico é a base sobre a que se constrúe a comunicación, que se desenvolve ao redor de tres áreas argumentais principais: