Elaboración de Menús Equilibrados, de acordo coas recomendacións da Dieta Atlántica, para a tempada Outono-Inverno
Neste traballo, dirixido por Mª Angeles Romero Rodríguez e Mª Lourdes Vázquez Odériz, elaboraronse dous menús equilibrados semanais, nas épocas de outono e inverno, seguindo as recomendacións da Dieta Atlántica, utilizando alimentos de tempada e pratos tradicionais da cociña galega axustados a unha inxesta diaria de 2000-2500 kcal. Ademais, realizouse a calibración e valoración nutricional de ambos menús.
De forma paralela á elaboración, fixéronse as fotografías de cada unha das preparacións culinarias nas que se indican os ingredientes utilizados e o peso de cada un deles para unha ración estándar.