Yantares galegos: Historia da dieta atlántica
Esta obra do historiador Xavier Castro resume con rigor histórico as características da dieta atlántica rastrexando as súas raíces a través da historia da alimentación dos galegos, dende a época castrense ata a actualidade analizando pormenorizadamente a alimentación e gastronomía na Prehistoria e na Antigüidade, no medievo, no Antigo Réxime e na época contemporánea. Como colofón, o autor reflexiona sobre os valores gastroculturales galegos e o estilo de alimentación forxado "nunha forma peculiar de convivencia".