Dende o 5 e ata o 7 de setembro o concello da Illa de Arousa acollerá unha nova edición da festa do polbo no Porto do Xufre, no que se preparan uns stands con mesas para degustar este exquisito manxar nas súas distintas variedades (polbo á vinagreta, en empanada, con fabas, á feira e, principalmente, polbo á illa, cunha salsa a base de cebola e pimentón). Non faltará tampouco a tradicional pulpeira de O Carballiño.