Estudiantes e docentes do Grao en Nutrición Humana e Dietética da Facultad de Ciencias do Campus de Lugo da USC desenvolverán este venres, a partir das 10.30 horas, no IES Sanxillao de Lugo, unha xornada informativa e divulgativa sobre a Dieta Atlántica dirixida a estudiantes de ciclo medio e superior de Hostalería.
Esta actividade formativa, coordinada de forma conxunta por Ángeles Romero Rodríguez, Catedrática de Tecnoloxía de Alimentos da USC e membro da Fundación Dieta Atlántica, e por María Fe Mourenza Álvarez, profesora de Hostalería no IES Sanxillao, comezará cun relatorio no que se expoñerán as características e os beneficios da Dieta Atlántica.
Ao remate da sesión de carácter teórico, os estudiantes da materia Tecnoloxía Cuinaria do Grao en Nutrición Humana e Dietética acompañarán a alumnos/as dos ciclos medio e superior de Hostalería as cociñas do IES Sanxillao, donde procederán a elaborar menús baseados na Dieta Atlántica.
O traballo elaborado pola graduada en Nutrición Humana e Dietética Paula Roca Saavedra será a ferramenta que empleará como guía este colectivo de estudantes para elaborar uns menús equilibrados baseados na Dieta Atlántica e que posteriormente degustarán.
Esta xornada teórico práctica a prol da difusión e posta en valor da Dieta Atlántica constitúe unha das accións desenvolvidas no marco das liñas de cooperación xa existentes entre a Facultade de Ciencias e o IES Sanxillao e terá continuidade a próxima semana con novas sesións prácticas.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2015_04/noticia_0038.html